sábado, 14 de mayo de 2011

Archlinux 64, pulseaudio e flashplugin.








Despóis de instalar ArchLinux 64 no meu novo portátil xurdiume un problema coa reproducción de vídeos en Flash (p.e. YouTube): a pesares de ter desactivada a tarxeta de son interna por medio de pulseaudio, xa que utilizo unha externa USB, o son era reproducido pola interna.

A solución é instalar dúas librerías, lib32-alsa-plugins e lib32-libcanberra-pulse.
# pacman -S lib32-alsa-plugins lib32-libcanberra-pulse
Evidentemente é necesario ter activados os repositorios [multilib]

Fonte: ArchWiki

No hay comentarios:

Publicar un comentario